lunes, 24 de febrero de 2014

Parashá: Pekudei: HAJEXBÓN, BEVAKASHÁ (A conta, por favor)





Na paraxá desta semana continuamos coa adecuación do Tabernáculo e a descrición dos ropaxes de Aarón. A porción describe con minucioso detalle todos os ornamentos que debe levar como Sumo Sacedote e tamén a configuración da Arca no recinto sagrado.
Sen embargo, a sidrá fai outra descrición minuciosa nada máis comezar:
“Este é o reconto do gastado para o Tabernáculo (Mixkán), o Tabernáculo de Testemuña, segundo a conta efectuada por Moisés e baixo a dirección de Itamar, fillo do sacerdote Aarón. (...)
Todo o ouro empregado na obra sagrada ven de ofrendas que suman vintenove talentos e setecentos trinta xekels sagrados. E a prata da congregación censada sumou cen talentos e mil setecentos setenta e cinco xekels sagrados (...)”
(Xemot, 38:21-25)
A Torá fai un análise comprensivo dos cartos gastados no Tabernáculo. Non hai confianza na xefatura de Moisés? Sí, é certo que esa desconfianza xa se manifestara unhas cantas veces no pasado, polo que no debería sorprendernos. O que si  é sorprendente e que en textos que rondan os tres milenios de antigüidade atopemos o que tanto ansiamos nos tempos de hoxe: as contas claras.
Non importa que falemos dunha asociación, dunha keilá ou dos orzamentos nacionais do país no que vivimos. O colectivo que sustenta o proxecto ten dereito a saber canto diñeiro se recaudou e en que se gastará. En politoloxía, chamamos “accountability” (prestar contas) á responsabilidade que teñen os dirixentes dun determinado goberno polas súas accións e á capacidade dos non dirixentes de controlar que estas accións se axustan ao determinado. Moi bonito na teoría, pero, como podemos comprobar a diario no xornal, dista moi lonxe da realidade práctica. As estafas, os abusos, a falta de transparencia e o aproveitarse da información confidencial son feitos que están á orde do día, como se o pudor que puidese espertar nas conciencias dos nosos dirixentes, grandes e pequenos, fose afogado sen contemplacións polo pensamento de “así son as cousas”

Temos unha palabra en hebreo,“Jexbón”, que é a chave no que respecta a pedir contas, tanto se te comiches un filete de tenreira no restaurante ou se queres analizar os orzamentos públicos. Precisamente, a nosa tradición fala dun “Din VeJexbón”, unha xustificación persoal ante un tribunal  que analizará a nosa “accountability”, a nosa responsabilidade coas nosas vidas (“Jexbon Hanefex”,a conta da nosa alma. que facemos máis intensamente cada Kippur). Xa podemos acender as velas de Xabat tódalas semanas ou repudiar toda combinación de Jalaví (lácteos) e “Basarí” (Carne) nun mesmo prato...que o primeiro que preguntará o tribunal será “fuches honesto nos tratos comerciais?”

Xa sexa para adecuación do Tabernáculo, ou para levar as contas da comunidade de veciños, os xudeus estamos obrigados a ter presente sempre o noso orzamento vital, a nosa responsabilidade, sexa a un nivel ético ou económico, político ou moral. E por suposto, temos o deber de pedir a “jexbón” cando cremos que as cousas non se fixeron ben e poñerlle solución se está na nosa mano (Tikkun Olam).

Con la licencia de http://xudaismoengalego.wordpress.com/