Na paraxá desta semana
continuamos coa adecuación do Tabernáculo e a descrición dos ropaxes de Aarón.
A porción describe con minucioso detalle todos os ornamentos que debe levar
como Sumo Sacedote e tamén a configuración da Arca no recinto sagrado.
Sen embargo, a sidrá fai outra descrición minuciosa nada
máis comezar:
“Este é o reconto do gastado para o Tabernáculo (Mixkán),
o Tabernáculo de Testemuña, segundo a conta efectuada por Moisés e baixo a
dirección de Itamar, fillo do sacerdote Aarón. (...)
Todo o ouro empregado na obra sagrada ven de ofrendas que
suman vintenove talentos e setecentos trinta xekels sagrados. E a prata da
congregación censada sumou cen talentos e mil setecentos setenta e cinco xekels
sagrados (...)”
(Xemot, 38:21-25)
A Torá fai un análise
comprensivo dos cartos gastados no Tabernáculo. Non hai confianza na xefatura
de Moisés? Sí, é certo que esa desconfianza xa se manifestara unhas cantas
veces no pasado, polo que no debería sorprendernos. O que si é sorprendente e que en textos que rondan os
tres milenios de antigüidade atopemos o que tanto ansiamos nos tempos de hoxe:
as contas claras.
Non importa que falemos
dunha asociación, dunha keilá ou dos orzamentos nacionais do país no que
vivimos. O colectivo que sustenta o proxecto ten dereito a saber canto diñeiro
se recaudou e en que se gastará. En politoloxía, chamamos “accountability”
(prestar contas) á responsabilidade que teñen os dirixentes dun determinado
goberno polas súas accións e á capacidade dos non dirixentes de controlar que
estas accións se axustan ao determinado. Moi bonito na teoría, pero, como
podemos comprobar a diario no xornal, dista moi lonxe da realidade práctica. As
estafas, os abusos, a falta de transparencia e o aproveitarse da información
confidencial son feitos que están á orde do día, como se o pudor que puidese
espertar nas conciencias dos nosos dirixentes, grandes e pequenos, fose afogado
sen contemplacións polo pensamento de “así son as cousas”
Temos unha palabra en
hebreo,“Jexbón”, que é a chave no que respecta a pedir contas, tanto se te
comiches un filete de tenreira no restaurante ou se queres analizar os
orzamentos públicos. Precisamente, a nosa tradición fala dun “Din VeJexbón”, unha
xustificación persoal ante un tribunal que analizará a nosa “accountability”, a nosa
responsabilidade coas nosas vidas (“Jexbon Hanefex”,a conta da nosa alma. que
facemos máis intensamente cada Kippur). Xa podemos acender as velas de Xabat
tódalas semanas ou repudiar toda combinación de Jalaví (lácteos) e “Basarí”
(Carne) nun mesmo prato...que o primeiro que preguntará o tribunal será “fuches
honesto nos tratos comerciais?”
Xa sexa para adecuación do
Tabernáculo, ou para levar as contas da comunidade de veciños, os xudeus
estamos obrigados a ter presente sempre o noso orzamento vital, a nosa
responsabilidade, sexa a un nivel ético ou económico, político ou moral. E por
suposto, temos o deber de pedir a “jexbón” cando cremos que as cousas non se
fixeron ben e poñerlle solución se está na nosa mano (Tikkun Olam).